Cargando resultados...
O PPdeG pídelle ao Goberno que teña en conta as obras do viaduto da A-6 nos orzamentos 2023
O PPdeG pídelle ao Goberno que teña en conta as obras do viaduto da A-6 nos orzamentos 2023
G24.gal
17/07/2022 12:28
O desvío alternativo na A-6 que aliviará o tráfico en PEdrafita podería estar operativo nos vindeiros días, pero a reparación do viaduto podería demorar meses ou anos.
Os prazos serán longos e a solución vai dilatarse no tempo. Por iso, o PPdeG pídelle ao Goberno central que teña en conta o colapso do viaduto da A-6 nos Orzamentos Xerais de 2023
A secretaria xeral dos populares galegos agarda que o Executivo de Sánchez sexa sensible con Galicia con esta cuestión.
Lembra que hai case 40 días do derrubamento e a día de hoxe “non se coñecen as causas nin temos unha alternativa completa”.