Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PPdeG propoñerá a Candia como vicepresidenta do Parlamento

O PPdeG propoñerá a Candia como vicepresidenta do Parlamento

A deputada ocupará a vacante que deixa Diego Calvo

G24.gal 20/05/2022 16:44

O grupo parlamentario popular informou de que propoñerá no pleno da próxima semana a designación da deputada e viceportavoz Elena Candia como vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia, en substitución de Diego Calvo, recentemente nomeado vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia da Xunta.

Licenciada en Dereito, Elena Candia foi alcaldesa de Mondoñedo entre 2015 e 2020, así como portavoz do grupo provincial do PP na Deputación de Lugo desde finais de 2011. Tamén ocupou a presidencia da institución entre xuño e outubro de 2015. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade