Cargando resultados...
O PPdeG presenta as súas candidaturas por Pontevedra
O PPdeG presenta as súas candidaturas por Pontevedra
Critica o desleixo do Goberno central coa provincia e con Galicia
G24.gal
01/07/2023 13:28
Última actualización 01/07/2023 13:57
O PPdeG presentou este sábado en Pontevedra as súas candidaturas para o Congreso e o Senado. Mesturan a veteranía de Ana Pastor, Irene Garrido ou Pedro Puy con certa renovación como Pepa Pardo ou Nidia Arévalo.
A secretaria xeral do partido en Galicia criticou o desleixo do Goberno central coa provincia de Pontevedra e con Galicia en xeral. Ademais, falou das promesas incumpridas de Sánchez sobre todo no que atinxe a infraestruturas.