Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente da Audiencia Nacional aconsellaba o PP durante a investigación da Kitchen

O presidente da Audiencia Nacional aconsellaba o PP durante a investigación da Kitchen

G24.gal 02/03/2023 18:54 Última actualización 02/03/2023 19:15

O ministro da Presidencia, Félix Bolaños, denunciou este xoves o "compadreo" do Partido Popular e algúns xuíces e mostrouse convencido de que por iso non quere renovar o Consello Xeral do Poder Xudicial, o órgano que tería que esclarecer a actuación de determinados maxistrados.

Respondeu así aos xornalistas que lle preguntaron polas mensaxes intercambiadas entre o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro, e o exsecretario de Estado de Seguridade Francisco Martínez sobre a investigación que levaba nese momento o tribunal sobre o caso Kitchen, a espionaxe parapolicial ao extesoureiro do PP Luis Bárcenas.

Antes de visitar a exposición de Joaquín Sorolla no Palacio Real, Bolaños acusou o Partido Popular de estar "a arrasar o prestixio da xustiza".

"Este compadreo entre o PP e algúns maxistrados pon de manifesto unha razón pola cal o PP non quere renovar o CXPX, que é o órgano que tería que tomar cartas no asunto e esclarecer o que pasou", destacou Bolaños.

Segundo informan este xoves varios medios, o presidente da Audiencia Nacional, José Ramón Navarro, informaba o exsecretario de Estado de Seguridade, Francisco Martínez, sobre a investigación xudicial baixo segredo. Tamén accedeu a buscarlle un auto reservado do xuíz para preparar a súa “defensa” e trasladoulle o contido de interrogatorios secretos. José Ramón Navarro afirma que se limitou a darlle "evasivas" a unha persoa "desvalida"

A ministra de Dereitos Sociais e líder de Podemos, Ione Belarra, pediu a dimisión do presidente da Audiencia Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade