Cargando resultados...
O presidente da Fed. Galega de Piragüismo confirma que Pontevedra terá unha canle de augas bravas
O presidente da Fed. Galega de Piragüismo confirma que Pontevedra terá unha canle de augas bravas
O anteproxecto xa está en marcha
G24.gal
23/11/2021 15:48
Por Zona mixta pasou o presidente da Federación Galega de Piragüismo, José Alfredo 'Fredi' Bea, e confirmou que as augas do río Lérez contarán cunha canle de slálom, as antigamente coñecidas como 'augas bravas', e que o proxecto está xa avanzado para o seu inicio.
Fondos públicos e europeos
Estas instalacións, afirmou Fredi Bea, serán subvencionadas con fondos públicos e gran parte deles foron achegados pola CEE.
O presidente da Federación afirmou que Pontevedra é "posiblemente o lugar do mundo con máis practicantes de piragüismo por poboación", e que de "unha ou dúas figuras destacadas, agora contamos con cinco ou seis figuras de primeiro nivel".