Cargando resultados...
O presidente da Xunta garante o apoio do seu Goberno aos empresarios da lousa
O presidente da Xunta garante o apoio do seu Goberno aos empresarios da lousa
Alfonso Rueda avanzou que van recorrer contra a paralización da mina da Penouta
G24.gal
30/10/2023 20:51
O presidente da Xunta reuniuse hoxe en Carballeda de Valdeorras cos empresarios da lousa. Alfonso Rueda garantiulles o apoio do seu Goberno para que poidan seguir consolidando Galicia como referente europeo deste sector.
Rueda avanzou que van recorrer contra a paralización da mina da Penouta. Tamén apelou ao sentidiño nas negociacións para solucionar o conflito entre a comunidade de montes de Valdeorras e a empresa de lousa, que emprega unhas 300 persoas.