Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mañueco nega cambios nos protocolos das mulleres que queiran abortar

Mañueco nega cambios nos protocolos das mulleres que queiran abortar

O presidente de Castela e León asegura que "non se obrigará os médicos e as mulleres embarazadas a nada"

O PP arremete contra Vox por "facerlle a campaña a Pedro Sánchez"

G24.gal 16/01/2023 14:34

Alfonso Fernández Mañueco asegurou este luns, nunha declaración institucional, que "en ningún caso a Xunta de Castela e León actualiza o protocolo de atención ás mulleres que se someten a unha interrupción do embarazo". O presidente autonómico aclarou que "non se obrigará os médicos a nada, non se obrigará as mulleres embarazadas a nada".

A polémica avivouna o propio vicepresidente de Castela e León, de Vox, que esta mesma mañá volvía insistir en que, a partir de hoxe, os médicos tiñan a obriga de ofrecerlles ás mulleres que quixesen abortar a posibilidade de oír antes o latexo do feto ou facer unha ecografía en 4D.

O Goberno central envioulle un requirimento ao autonómico instándoo a non aplicar ese suposto protocolo porque, en opinión da ministra de Sanidade, Carolina Darias, "están contravindo a legalidade vixente, non teñen ámbito competencial para ditala e, o máis importante, contravén os dereitos das mulleres, e, ante iso, non estamos dispostos a transixir".

O presidente autonómico non entende o porqué dese requirimento cando non se tramitou nada novo. Para Alfonso Fernández Mañueco, "o seu único propósito é sacar rédito político e, en consecuencia, parécenos lamentable".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade