Sánchez promete ante Boric tentar pechar este semestre o novo acordo UE-Chile
Sánchez promete ante Boric tentar pechar este semestre o novo acordo UE-Chile
Gabriel Boric inicia en Madrid a xira europea que o levará ao cumio UE-CELAC
O presidente español destaca a relación estratéxica entre os dous países
O presidente de Chile arranca en España a súa primeira xira europea. Gabriel Boric vai participar a próxima semana en Bruxelas no cumio entre os líderes europeos e a Comunidade de Estados Latinoamericanos e Caribeños.
Como paso previo, Boric reuniuse esta mañá con Pedro Sánchez na Moncloa, onde asinaron tres acordos e coincidiron en destacar a importancia das relacións bilaterais: "Chile é un dos seis países cos que España mantén unha relación estratéxica en América Latina e o Caribe, por iso aprobamos acordos para relanzar as nosas consultas políticas e afondar en asuntos de interese común", explicou o xefe do Executivo.
Sánchez tamén se comprometeu ante Boric a tentar pechar durante o semestre de presidencia española do Consello da UE a actualización do acordo existente entre a Unión Europea e Chile.