O presidente do CXPX denuncia inxerencias do executivo no poder xudicial
O presidente do CXPX denuncia inxerencias do executivo no poder xudicial
Vicente Guilarte pide un pacto global para renovar o órgano de goberno dos xuíces
Di que recibiu "recomendacións" de dimitir, pero que facelo sería un "disparate"
O presidente do Poder Xudicial declárase aflixido ante a situación que vive o órgano que preside. Tras máis de cinco anos co mandato prorrogado, Vicente Guilarte lamenta que PSOE e PP insistan en cadansúa proposta sen visos de achegamento.
Resumíao cun refrán castelán: "Cando un parvo vai pola linde e a linde acaba, o parvo segue".
Sen identificar de quen, Guilarte admite presións para que dimita. Cre que sería un disparate. "Non imos dimitir", dixo Guilarte. "Estráñame que non oiamos que dimitan os que están negociando, que levan cinco anos e non dan chegado a un arranxo".
O presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial di que está aterrado polo actual nivel de polarización e polos ataques desde o poder executivo á independencia dos xuíces. "Estamos nunha situación de gravísimo conflito. Son constantes as inxerencias, as interferencias", alertou.
Reclama un pacto global que vaia máis aló do PP e o PSOE para saír dun bloqueo que xa dura case 2.000 días.