Publicador de contidos
Publicador de contidos

O presidente do TSXG celebra a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial

O presidente do TSXG celebra a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial

José María Gómez y Díaz-Castroverde pide deixar traballar o órgano dos xuíces despois de cinco anos de provisionalidade

G24.gal 28/06/2024 14:58

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia cre que a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial é unha boa noticia. José María Gómez y Díaz-Castroverde pide deixar traballar o órgano dos xuíces despois de cinco anos de provisionalidade.

"O primeiro é felicitarnos por esta nova, felicitar tamén a quen puxo o seu esforzo e a súa xenerosidade para poder chegar a este acordo, e a partir deste momento confiar na actuación do novo Consello e deixalo traballar". Díaz-Castroverde facía esta valoración antes do acto de xuramento de sete novos xuíces destinados a Galicia para substitucións ou reforzos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade