O prezo da bombona de butano sobe un 4,96 % e situase nos 18,63 euros
O prezo da bombona de butano sobe un 4,96 % e situase nos 18,63 euros
Esta suba débese ao forte ascenso das cotizacións da materia prima
O prezo máximo da bombona de butano de 12, 5 quilos incrementarase un 4,96 % a partir do martes 15 de marzo e situarase nos 18,63 euros, segundo unha resolución publicada este luns no Boletín Oficial do Estado.
Esta suba débese ao forte ascenso das cotizacións da materia prima (+14,3 %), ao que hai que sumar a depreciación do euro fronte ao dólar. Para compensar o incremento de prezos o Goberno aprobou en outubro unha mellora do bono social térmico con cargo aos presupostos de 2021, con 100 millóns de euros adicionais, ata os 202,5 millóns.
En virtude desta medida, a compensación para os consumidores vulnerables aumentou dun mínimo de 25 euros a 35 euros, o equivalente a unhas dúas bombonas, e dun máximo de 123 euros a 370 euros.
A revisión bimensual do prezo calcúlase en función do custo da materia prima (propano e butano) nos mercados internacionais e mais do custe dos fretes (transporte) e a evolución do tipo de cambio euro-dólar.