Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo da luz baixa un 5 % pero segue por riba dos 200 euros o megawatt hora

O prezo da luz baixa un 5 % pero segue por riba dos 200 euros o megawatt hora

O máximo rexistrarase entre as 23:00 e as 24:00 horas

O mínimo pagarase entre as 17:00 e as 18:00 horas

G24.gal 04/06/2022 08:55

O prezo medio da electricidade no mercado grosista baixa este sábado un 4,96 % con respecto á xornada anterior. En concreto, sitúase nos 203,86 euros/MWh, uns 10,64 céntimos menos ca o venres.

Segundo os datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE), o prezo máximo rexistrarase entre as 23:00 e as 24:00 horas (245,86 euros/MWh) e o mínimo, de 155,60 euros/MWh, pagarase entre as 17:00 e as 18:00 horas.

Hai un ano, o prezo medio da electricidade era un 152,95 % máis barato. O 4 de xuño de 2021 estaba a 80,59 euros o megawatt hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos