Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo da luz repunta este sábado un 21 % ata os 385,85 euros/MWh

O prezo da luz repunta este sábado un 21 % ata os 385,85 euros/MWh

O prezo da electricidade en España sería de media 492,18 euros/MWh, uns 106 euros máis que coa compensación

O Goberno estima que a "excepción ibérica" supuxo un aforro de 1.383 millóns de euros para os consumidores españois en dous meses

G24.gal 27/08/2022 11:57

O prezo da luz dispárase este sábado. Medra un 21 %, ata os 385 euros o megawatt hora. É o quinto día máis caro da historia.

É tamén un dos días coa luz máis cara dende que entrou en vigor a chamada excepción ibérica, que fixa un tope para o prezo do gas que se usa para xerar electricidade. O Goberno di que nestes dous meses os consumidores xa aforraron máis mil 300 millóns de euros.

Con todo, tras varios días de baixada, este sábado volve encarecerse o megawatt. De media este sábado custará 385 euros con 85 céntimos. Iso é, un 21 % máis ca o venres. A hora máis cara será entre as 10 e as 11 da noite. A máis barata foi ás 12 do mediodía.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade