O recorte do bono social encarecerá o recibo da luz a partir de outubro
O recorte do bono social encarecerá o recibo da luz a partir de outubro
As axudas reduciranse progresivamente ata o verán de 2025
O escudo social para facerlle fronte á suba descontrolada dos prezos comeza a reducirse progresivamente.
A factura eléctrica supuxo un descontrol para a economía das familias. En Galicia case 100.000 fogares están acollidos ao bono social que recolle axudas de ata o 80 % da factura.
O Goberno di que os prezos están agora nunha liña de moderación, o que fai necesario ir recortando as axudas. Iranse reducindo progresivamente desde outubro ata o verán de 2025 en que quedarán fixadas non 35% de desconto para os fogares vulnerables, ata un 50 % nos casos máis severos.
Os recortes nas axudas non afectarán á prohibición de cortar a subministración básica de luz, auga e gas aos consumidores vulnerables no caso de impagamento, polo menos ata finais deste ano. A Xunta tamén vai manter a axuda complementaria de 200 euros ao bono social eléctrico.