O prezo do petróleo cae ao nivel máis baixo en seis meses
O prezo do petróleo cae ao nivel máis baixo en seis meses
A caída na demanda provoca o descenso no prezo do Brent
A finais de ano a situación estabilizarase
O prezo do petróleo cae ao nivel máis baixo en seis meses. Detrás está o descenso na demanda pero o importante para a xente de a pé é que repercute tamén no prezo dos carburantes
Foi un descenso que xa vimos notando nas gasolineiras dende hai semanas e agora mesmo o prezo do barril Brent chega a prezos do mes de febreiro con 94 dólares. Baixou un 20 %.
Os expertos, como María Bastida da Universidade de Santiago, apuntan a que en realidade esta situación non será permanente e que a finais de ano os prezos do petróleo xa se estabilizarán máis. Aínda así os combustibles encadean seis semanas de descenso e diésel e gasolina están a niveis do mes de maio.
Os Estados Unidos presionan os países produtores para que bombeen petróleo ao máximo. O problema é que a maioría deles non ten as condicións axeitadas por falta de investimento ou inestabilidade política e esta situación do prezo do barril Brent non se manterá no tempo, como nos explica Bastida.
A curto prazo agárdanse tímidas baixadas que tardarán en notarse nos surtidores á espera do que poida acontecer ben entrado o outono.