Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo dos alugueiros na Coruña alcanza cifras históricas

O prezo dos alugueiros na Coruña alcanza cifras históricas

O sector inmobiliario di que hai moita demanda de alugueiro e pouca oferta de pisos

G24.gal 03/04/2024 14:43

Atopar un piso en alugueiro na Coruña non está ao alcance de todos os petos. "Pago 950 euros. É un piso de 135 metros cadrados. Pero teño que botar moitas contas", explica un inquilino.

O prezo medio do alugueiro alcanza cifras históricas. Sitúase preto dos dez euros por metro cadrado, uns 900 euros por mes. Son prezos prohibitivos que fan que a demanda se traslade aos barrios, zonas como A Agra do Orzán ou Os Castros, que están apuntando as maiores subas e xa superan os 600 euros.

"Encóntranse pero tes que irte á periferia. Son pisos pequenos e non moi céntricos. Pero todo o mundo quere ir cara ao centro e neste momento está complicado", asegura Isabel Cotelo, voceira da Federación Galega de Inmobiliarias

O sector inmobiliario culpa desta situación a escasa oferta de vivenda en alugueiro. "Non hai produto e hai moitísima demanda", di Víctor López, axente inmobiliario.

E apuntan á incerteza do mercado ante os cambios na lei de vivenda. "A inseguridade xurídica é un punto moi importante para que os propietarios saquen as súas vivendas ao mercado. É algo no que teremos que poñer moita atención".

"A xente vai retirar os pisos. Se non podes alugar o piso por un importe que penses que poida estar no mercado non vai arriscar".

As previsións do sector non apuntan a un respiro nos prezos en todo este ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade