Publicador de contidos
Publicador de contidos

O prezo dos carburantes sobe por primeira vez en tres meses

O prezo dos carburantes sobe por primeira vez en tres meses

O prezo medio do litro de gasolina sitúase en 1,534 euros. Pola súa parte, o litro de gasóleo custa de media 1,493 euros.

Imaxe de arquivo dunha gasolineira Imaxe de arquivo dunha gasolineira
G24.gal 04/01/2024 10:47

O prezo medio dos carburantes acumulaba un descenso tras outro dende finais de setembro do ano pasado, chegando a despedir o 2023 en niveis mínimos tras sumar un abaratamento de case o 15 %. Con todo, este novo ano comeza coa primeira suba en tres meses.

No caso da gasolina, o prezo medio do litro cortou co refacho de trece descensos consecutivos tras encarecer un 0,19 %, para situarse nos 1,534 euros. 

Pola súa banda, o gasóleo pon fin a doce semanas seguidas en caída, tras subir un 0,07 % con respecto á semana anterior, ata os 1,493 euros o prezo medio do litro.

O depósito de gasolina, 3 euros máis caro ca no 2023

Así, cos prezos actuais, encher un depósito medio de 55 litros de gasolina ten un prezo de 84,37 euros, o que supón case 3 euros máis en comparación co mesmo período de 2023 (o prezo era de 81,4 euros)

Para os vehículos de diésel, encher un depósito medio de 55 litros supón un desembolso de 82,11 euros. No 2023, por estas datas, o prezo era de 74 euros.

Igualmente, con esta, o diésel suma 45 semanas seguidas por baixo do prezo da gasolina. Mantense así na situación habitual anterior á invasión rusa de Ucraína, que comezou o 24 de febreiro de 2022, sendo o punto de partida do ascenso nos prezos: 1,592 euros por litro. No caso do gasóleo, segue por encima do prezo de entón: 1,479 euros por litro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar