O primeiro derbi lugués na historia da Primeira División marchou para Burela

As da Mariña impuxéronse por 2-5 na pista do Castro

G24.gal 19/11/2023 14:12

No fútbol sala feminino, disputouse esta mañá o partido entre o Castro e o Burela, o primeiro derbi lugués na máxima categoría. Cumpriuse a lóxica entre un acabado de ascender e o líder e actual campión. Gañou o Burela por 2 goles a 5.

Irene Samper, Noelia Montoro, Emilly en dúas ocasións e Dany marcaron para as da Mariña. O Castro só puido recortar diferenzas cos tantos de Jenny Santos e Dani Sousa. O Burela segue no primeiro posto da liga, con tres puntos de vantaxe sobre o Alcorcón. O Castro é o décimo segundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade