O primeiro foguete 100 % español xa está en órbita despois de engalar desde Doñana
O primeiro foguete 100 % español xa está en órbita despois de engalar desde Doñana
O obxectivo deste lanzamento é realizar unha primeira proba de voo
Queren validar en condicións reais a tecnoloxía desenvolvida pola empresa privada PLD Space
Ás 2:19 minutos deste sábado engalaba finalmente o primeiro foguete español desde Huelva, o Miura 1. A empresa que o construíu, PLD Space, e o Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial conseguíano despois de dous intentos frustrados.
Case 20 minutos despois das dúas da mañá unha gran laparada confirmaba a engalaxe. Foi preciso utilizar varias mangueiras para arrefriar as instalacións como estaba previsto para que non se producise un incendio. Tres minutos despois, o foguete xa estaba a 45 quilómetros de altura.
O obxectivo deste lanzamento é realizar unha primeira proba de voo. Quren validar en condicións reais a tecnoloxía desenvolvida ata o momento pola empresa privada PLD Space.