O primeiro incendio forestal do ano en Santiago arrasa 20 hectáreas no Pedroso
O primeiro incendio forestal do ano en Santiago arrasa 20 hectáreas no Pedroso
Iniciouse pasadas as 2 da madrugada no cume do monte con varios focos
O lume chegou preto de varias vivendas de parroquia de Figueiras
Contra as dúas da mañá declarábase no monte Pedroso o primeiro incendio forestal do ano en Santiago.
Ata a parroquia de Figueiras desprazáronse dous axentes forestais, seis brigadistas, catro motobombas e unha pa ás que se sumou unha dotación do parque de bombeiros de Santiago para labores de apoio cun camión de abastecemento.
O lume que se iniciou no cume do monte chegou moi preto de varias vivendas situadas nas aldeas de Codesedas e Correxíns.
Pouco despois varios focos reactivábanse polo que foi necesaria a intervencion de medios terrestres que durante varias horas traballaron para estabilizalos.
Fontes policiais apuntan a que se trata dun incendio provocado, tanto pola zona onde se iniciou como polo feito de que houbera varios focos activos. Os veciños aseguran que os incendios que se repiten ano tras ano na zona case sempre son intencionados.
O lume, que pasadas as 11 da mañá xa se deu por estabilizado, arrasou preto de 20 hectáreas.