Publicador de contidos
Publicador de contidos

O primeiro premio da Bonoloto, dotado de máis de 670.000 euros, tocou en Xermade

O primeiro premio da Bonoloto, dotado de máis de 670.000 euros, tocou en Xermade

É a maior contía repartida ata o de agora na administración de lotería de Roupar

Félix Aragunde 27/01/2022 13:37

O sorteo da Bonoloto deste mércores deixou un premio de máis de 670.000 euros en Xermade. O único acertante de primeira categoría, con seis acertos, foi selado no bar Casa Moncho de Roupar. Trátase da maior contía repartida nos preto de 40 anos desta administración de lotería.

Moncho Carreiras, xerente da administración de lotería de Roupar: "Foi un boleto da Bonoloto con seis acertos, o único, e afortunadamente tocou aquí, premiado con 671.516 euros. Foi o maior premio que dei ata agora, o máis grande, pero penso dar máis. O gordo aínda está aquí". 

Polo de agora, descoñécese a identidade do dono do premio. Aínda que se trata dun lugar con moito tránsito, os veciños do Roupar esperan que se trate de alguén da contorna.

Moncho Carreiras, xerente da administración de lotería de Roupar: "Pódese dicir que levamos unha boa xeira. Polo Nadal repartín 20.000 euros dun décimo dun cuarto premio. E este foi o maior de momento, pero antes xa repartira máis premios doutros sorteos. Sen estes cartos, claro". 

No mesmo sorteo da Bonoloto houbo dous boletos que acertaron o premio de segunda categoría, de cinco acertos mais o complementario. Un deles, premiado con case 95.000 euros, validouse no Barco de Valdeorras. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade