Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alexandre Sotelino, da USC, entre os mellores docentes de España por cuarta vez

Alexandre Sotelino, da USC, entre os mellores docentes de España por cuarta vez

Sotelino acaba de publicar o libro A educación en Galicia en perspectiva, no que analiza os desafíos do ensino

Acaba de ser finalista dos premios Educa Abanca, que recoñecen os mellores docentes de España

G24.gal 03/03/2024 14:31 Última actualización 03/03/2024 16:04

Alexandre Sotelino acaba de ser finalista por cuarta dos Premios Educa, que recoñecen os mellores docentes de España. Defende que a innovación nas aulas non debe un ser un fin en si mesmo, e que só é útil se axuda de verdade a mellorar o ensino.

“Non debemos innovar por innovar, non debemos incorporar novas tecnoloxías ás aulas, nin aplicacións, nin programas se o único que van facer é distraer ao alumnado e me van perder do camiño da aprendizaxe”, asegura Alexandre Sotelino.

Sostén que a educación non pode vivir de costas aos cambios que suceden na sociedade, por exemplo a Intelixencia artificial, que debe ser unha aliada. 

“Temos que ver como con esa Intelixencia Artificial que está xurdindo podemos convertela nunha aliada, como podemos utilizala nas nosas aulas como un recurso máis”. 

Sotelino acaba de publicar o libro A educación en Galicia en perspectiva, no que analiza os desafíos do ensino. Entre eles destaca dous: cubrir as demandas educativas das persoas maiores e fomentar unha sociedade máis inclusiva, equitativa e con maior capacidade de adaptarse aos cambios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade