Podemos vota a favor da lei de benestar animal malia excluír os cans de caza
Podemos vota a favor da lei de benestar animal malia excluír os cans de caza
Os votos de PSOE, Unidas Podemos, ERC, Bildu e CUP permitiron a aprobación da norma
Podemos cede e evita que quede varada a lei de benestar animal, un dos seus proxectos estrela.
A formación morada votou a favor da lei de benestar animal a pesar de excluír os cans de caza.
De sumar unha derrota, sería o primeiro proxecto do Goberno en caer.
A ministra Belarra revolveuse na tribuna. Non escatimou en reproches, pero á hora de votar, sumaron o seu voto ao dos socialistas.
A norma seguirá adiante co apoio tamén de parte dos aliados tradicionais do Goberno. Entre eles Esquerra e Bildu, que á última hora tamén cambiaron de opinión.Votaron en contra outros aliados como o PNV ou Más País.E tamén Ciudadanos, Vox e o PP.
O texto inclúe medidas como a esterilización obrigatoria dos gatos ou a realización dun curso paraos donos de cans. Estes deberán subscribir un seguro de responsabilidade civil por danos a terceiros.