O proxecto de San Paio de Navia suporá 1.600 vivendas protexidas para Vigo
O proxecto de San Paio de Navia suporá 1.600 vivendas protexidas para Vigo
Duplicar o parque público e vivenda é un dos obxectivos do Goberno galego nesta lexislatura.
Duplicar o parque público e vivenda é un dos obxectivos do Goberno galego nesta lexislatura. O de San Paio de Navia, en Vigo, é o proxecto de promoción pública máis ambicioso: a Xunta ten en marcha investimentos por valor de 111 millóns de euros nesta promoción.
A conselleira de Vivenda visitou esta mañá as obras de urbanización do polígono 1, onde están previstas 733 vivendas. Martínez Allegue destacou a importancia deste proxecto para Vigo, que é o concello con máis demanda de vivenda protexida.
"Serán en total 1.600 vivendas protexidas nestes tres polígonos de Navia. Moitas das actuacións están xa en marcha, a urbanización vai a bo ritmo, rematará o primeiro trimestre de 2025", asegurou a conselleira.