O PSdeG atribúe a suba do canon do lixo á mala xestión de Sogama
O PSdeG atribúe a suba do canon do lixo á mala xestión de Sogama
A portavoz de Medio Ambiente do PSdeG, Paloma Castro, di que Sogama carga sobre os concellos "os seus erros de xestión" por un modelo "obsoleto" que se centra na incineración
Sogama convocou mañá aos 295 concellos galegos que tratan alí os seus residuos domésticos para explicarlles o incremento que aplicará ao canon do lixo. Pasará de 56 a 66 euros por tonelada.
Dende a Sociedade Galega de Medio Ambiente culpan desta suba ao goberno central. Os socialistas galegos saíron ao paso destas declaracións e atribúen esta suba a unha mala xestión por parte de Sogama.
Paloma Castro, voceira de medioambiente do grupo parlamentario do PSdeG, dixo que o Goberno central o único que fixo foi traspoñer na lei de residuos unha directiva europea do ano 2018 que establece un imposto para a incineración e o vertedoiro porque entende que son medioambientalmente non recomendables.
Di que Sogama seguiu priorizando esas fórmulas de xestión e agora ten que asumir o custo do imposto que Isto xera.