Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSdeG xustifica aprazar as primarias porque "o partido está centrado na cidadanía"

O PSdeG xustifica aprazar as primarias porque "o partido está centrado na cidadanía"

Lage Tuñas, secretario de Organización dos socialistas galegos, cre que nestes momentos hai que centrar a atención no "proceso de investidura en España"

G24.gal 23/08/2023 12:22 Última actualización 23/08/2023 12:43

O secretario de Organización do PSdeG, Xosé Manuel Lage Tuñas, defendeu este mércores o aprazamento das primarias no partido, previstas para o 17 de setembro, porque o partido está "centrado no que lles preocupa aos cidadáns".

O número dous dos socialistas galegos cre que é momento de estar centrados no "proceso de investidura en España" polo que é pertinente aprazar o proceso interno ata que culmine a formación de Goberno.

Respecto diso, Lage confía en que “haxa goberno canto antes e que estea presidido por Pedro Sánchez”, en tanto que aínda que o rei encargara a investidura ao candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, o certo é que “non hai unha maioría” que apoie o dirixente popular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade