O PSOE dá por pechada a investigación interna sobre Tito Berni
O PSOE dá por pechada a investigación interna sobre Tito Berni
O Partido Popular esixe aclarar se se destruíron probas
O Congreso dos Deputados entregaralle á xuíza do caso Mediador os dispositivos do exdeputado socialista Juan Bernardo Fuentes. A Policía considera esencial para a investigación revisar o contido do seu móbil e do seu ordenador oficiais. A maxistrada non pode ordenar o rexistro do despacho porque as Cortes son inviolables, polo que lle solicitou á presidenta do Congreso a entrega dos dispositivos.
O PP exixe unha investigación e pídelle a Meritxell Batet que aclare se se destruíron probas, mentres que o PSOE dá por pechado o caso.
Patxi López asegura que "dentro do grupo socialista, o único que hai é que cinco deputados foron cear, nada máis. Pechamos o despacho e todo está a disposición da policía que está investigando, porque queremos saber toda a verdade".
Para Cuca Gamarra, "claro que ocorreu algo, e por primeira vez aféctalle a esta Cámara. E o Congreso ten mecanismos suficientes para defender a honorabilidade da institución investigando que ocorreu".