Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puigdemont compárase con Pedro Sánchez e reivindica a súa lexitimidade para ser 'president'

Puigdemont compárase con Pedro Sánchez e reivindica a súa lexitimidade para ser 'president'

O PSC insiste en que lle corresponde gobernar e asegura que a decisión se tomará en Cataluña

Feijóo vaticina que Sánchez permitirá a investidura de Puigdemont por qué "necesita o procés para seguir na Moncloa"

Os socialistas cataláns xa constituiron a comisión que se encargará de negociar o futuro goberno
G24.gal 14/05/2024 14:14

"Tiñamos razón. Gañou a politica". Os socialistas sacan peito pola vitoria do domingo.  Pero o triunfo non evita que Cataluña entre en terreo pantanoso. Os vetos cruzados poderían demorar a elección do novo presidente ata ben entrado o verán. No centro do taboleiro, Esquerra.

O que decidan será clave para Illa, pero tamén para Puigdemont. Os socialistas agardan que non veten o gañador das eleccións. Pero ERC vaise tomar un tempo. De momento, seguen vixentes as palabras do dimitido, Peré Aragonés: "Oposición é oposición". A formación independentista prepárase para un cisma interno. Hai que buscar novo liderado e, sobre todo, nova folla de ruta.

Que republicanos e socialistas non se entendan é osíxeno para Puigdemont. Non tira a toalla. Desde Francia lánzalle un novo dardo ao PSOE. Compárase con Pedro Sánchez e aféalle que descualifiquen a súa posible investidura e mesmo discutan a súa lexitimidade. Lémbralle que non foron a primeira forza nas xerais e gobernan en minoría. O PSOE non cede e descarta absterse para facer presidente ao líder fuxido. 

Na ecuación do Goberno non entra o PP. Feijóo dá por feito que Sánchez fará presidente a Puigdemont, pero advirte que non o saberemos "ata despois das eleccións europeas do 9 de xuño". O presidente do Partido Popular cree que o "procés non rematou" por que "Sánchez necesítao para seguir na Moncloa". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade