Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE está convencido de que o resultado en Cataluña non afectará á gobernabilidade en España

O PSOE está convencido de que o resultado en Cataluña non afectará á gobernabilidade en España

A dirección de Ferraz dálle autonomía a Salvador Illa para negociar a súa investidura co resto de partidos

O PP cre o PSOE podería facilitar a investidura de Carles Puigdemont para reter o Goberno central

G24.gal 13/05/2024 14:56

O líder do PSOE entraba en Ferraz entre aplausos. Cren que os resultados en Cataluña avalan a Pedro Sánchez e que Salvador Illa vai facerse coa Generalitat porque é o único candidato, din, con opcións reais. Danlle liberdade para negociar co resto de partidos. "O Goberno de Cataluña decidirase en Cataluña, nin en Madrid nin en ningún outro sitio", dixo en conferencia de prensa a voceira do partido, Esther Peña.

O PSOE tamén descarta que os resultados destas eleccións vaian ter "repercusión na gobernabilidade" de España e lémbralle aos partidos cataláns que hai que cumprir os acordos asinados para a investidura de Pedro Sánchez.

O socio da coalición, Sumar, aspira a gobernar cos socialistas tamén en Cataluña e celebra os resultados, a pesar de que perderon dous deputados.

Arrefríanlle o entusiasmo os antigos compañeiros de fila, Podemos, que lles recordan que este "é o peor resultado dos Comúns en toda a historia", segundo o seu voceiro Pablo Fernández.

Na sede do PP, en Génova, tamén houbo aplausos ao líder do partido, Alberto Núñez Feijóo. Multiplicaron por cinco os seus deputados, cuarta forza con 15 escanos. Cren que os achega á Moncloa. Para o seu voceiro, Borja Sémper, os populares deron "un paso de xigante para que se poida dar o cambio político que necesita o noso país".

Na súa opinión, Sánchez depende agora aínda máis dos independentistas cataláns, e por iso non descartan que Carles Puigdemont acabe sendo o presidente de Cataluña. "Todo o que Puigdemont sempre lle pediu a Pedro Sánchez, concedeullo... Por que nesta ocasión ía ser diferente?", pregúntase Borja Sémper.

Tanto o PP como o PSOE senten que os resultados en Cataluña impulsarán as súas candidaturas para as europeas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade