O PSOE segue gobernando O Carballiño pero en minoría
O PSOE segue gobernando O Carballiño pero en minoría
Houbo conversas entre o PP e o partido de Pachi Vázquez pero non frutificou un acordo
Expectación ata última hora no Carballiño por un posible pacto entre o Partido Popular e Espazo Común, o partido de Pachi Vázquez.
A falta de acordo permite que siga gobernando Francisco Fumega. Malia perder tres concelleiros con respecto ás eleccións municipais anteriores, o PSOE seguirá gobernando O Carballiño. Pero Francisco Fumega terá que buscar acordos puntuais porque queda en minoría.
Os socialistas foron a lista gañadora, conseguiron o 28 de maio seis concelleiros de dezasete pero ata este sábado estaba no aire un posible pacto entre o Partido Popular e Espazo Común, con Pachi Vázquez á cabeza, que con 5 edís cada partido superaban a maioría absoluta.
A falta de acordo entre a formación creada polo exsecretario xeral do PSdeG e os populares, que apoiaron as súas propias candidaturas, permítelle seguir á fronte da alcaldía ao socialista Francisco Fumega.