Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PSOE di que nunca deixou a negociación con UP para reformar a lei do "só si é si"

O PSOE di que nunca deixou a negociación con UP para reformar a lei do "só si é si"

Pilar Alegría asegura que nunca se levantaron da mesa e que falarán con todos os grupos parlamentarios

Irene Montero, aludindo a esta lei, di que é imprescindible que as feministas estean xuntas para soster un dereito no tempo

G24.gal 26/02/2023 14:38 Última actualización 26/02/2023 15:03

O debate parlamentario da reforma da lei do "só si e si" vaise celebrar previsiblemente o 7 de marzo e polo de agora mantéñense as incógnitas entre as dúas partes do Goberno.

A ministra e voceira socialista, Pilar Alegría, di que sería desexable contar co apoio dos grupos políticos que estiveron a carón do executivo nesta lexislatura, pero que falarán con todos. E refírese así á relación con Unidas Podemos.

"O partido socialista nunca se levantou da mesa. E desde logo imos falar, como non pode ser doutro xeito, con todos os grupos parlamentarios que queiran mellorar a lei neses aspectos, manter o consentimento e endurecer as penas, e esperamos e desexamos ademais que isto poida ser realidade".

Irene Montero participaba este domingo nun encontro internacional de feministas en Madrid e só fixo algunha alusión xenérica á lei do só si é si, máis aló do debate político concreto. Falou das leccións que extrae de todo o proceso relacionado con esa lei.

"Cando hai unha reacción aos avances que nós impulsamos nunca estamos soas e esa clave para o exercicio do poder a min paréceme a mais importante de todas. Se non estamos organizadas e non estamos xuntas non imos ser capaces de conquistar un dereito e, sobre todo, de sostelo no tempo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade