O PSOE vota en contra da reforma fiscal de Podemos
O PSOE vota en contra da reforma fiscal de Podemos
A proposta pretendía subir os impostos aos altos salarios e ás grandes fortunas
Os socialistas piden agardar ao informe do comité de expertos
Unidas Podemos presentou no Congreso a súa proposta de reforma fiscal. Entre outras cousas, pretende subirlle os impostos a quen ingrese máis de 120.000 euros e crear un tributo para gravar as grandes fortunas.
Tamén propón impoñerlle un taxa temporal ás compañías eléctricas para baixar o factura da luz e reducir o IVE aos produtos de hixiene feminina e aos salóns de peiteado.
Pablo Echenique, voceiro da formación morada, cre que "o Goberno debe abordar de forma valente unha reforma fiscal integral reducíndolles os impostos a pemes e traballadores e aumentándollelos a grandes fortunas e grandes corporacións".
O PSOE non apoiou a proposta, á espera de coñecer o informe encargado polo Goberno a un grupo de expertos.