O PSOE xustifica os atrasos no AVE pola entrada dos novos operadores estranxeiros
O PSOE xustifica os atrasos no AVE pola entrada dos novos operadores estranxeiros
O PP pídelle ao Goberno que recupere as indemnizacións por demoras de 15 e 30 minutos
O PSOE xustifica a redución dos compromisos de puntualidade de Renfe pola entrada dos novos operadores estranxeiros na alta velocidade.
O Partido Popular pediulle no Congreso que recupere as indemnizacións por atrasos de 15 e 30 minutos. Desde o un de xullo só se indemniza por demoras superiores a unha hora.
Héctor Palencia, portavoz popular da Comisión de Transportes, di: "Esta estratexia é inaceptable e supón unha traizón ao servizo público. Modificar o criterio de puntualidade só normaliza o problema, non o soluciona. Evidencia a súa falla de compromiso real cos españois".
Responde o deputado socialista César Ramos: "O único que buscan con esta iniciativa é ter unha vitoria pírrica sobre o Goberno, pero non son conscientes de que a quen están prexudicando é á empresa pública".
Néstor Rego, do BNG responsabilizou tanto o PSOE como o PP de abandonar Galicia en materia ferroviaria. "Sei do que falo porque o funcionamento é especialmente malo no caso de Galiza", dixo.