O Rácing vai á Romareda á busca dunha vitoria que o manteña na pelexa
O Rácing vai á Romareda á busca dunha vitoria que o manteña na pelexa
Na segunda división quedan aínda tres xornadas para que remate a Liga, e o Rácing apura as súas opcións de meterse na promoción de ascenso. Arestora os de Cristóbal téñena a catro puntos, polo que precisan unha vitoria na Romareda para non quedaren definitivamente descolgados. O partido será mañá ás nove da noite.
Os ferroláns viaxaron esta mesma mañá despois do adestramento. Cristóbal, que definiu o partido como importantísimo, non poderá contar con Chuca e Manu Justo, que se unen ás baixas de Vadillo, David Castro e Sabin Merino.
Cristóbal cre que so unha vitoria manterá ao equipo con opcións e, despois, terá que agardar a picada dalgún dos equipos que se atopan catro puntos por riba na táboa. O técnico cre que os seus poden tirar proveito da ansiedade que vai ter o Zaragoza diante do seu público.