O Rácing libera as fichas de Moi Delgado e Julián Delmás
O Rácing libera as fichas de Moi Delgado e Julián Delmás
Con este movemento o club busca espazo para inscribir as novas fichaxes
O Rácing fixo oficial a desvinculación de Moi Delgado e Julián Delmás da entidade co que gaña dúas fichas para incorporar xogadores de cara ao mercado de inverno. O equipo tiña todas as licenzas cubertas e precisaba espazo para reforzar o cadro de xogadores.
Tanto Moi como Delmás chegaron a Ferrol no verán de 2023 e participaron de xeito exitoso a temporada pasada na que o Rácing acadou a permanencia dun xeito desafogado. Delmás foi un recambio para o lateral dereito e Delgado ocupou con regularidade a banda esquerda na defensa.
Esta campaña os dous estaban a xogar un papel similar. De feito, Moi Delgado é o décimo xogador máis empregado por Cristóbal con case mil minutos nesta primeira volta. O papel de Delmás é máis residual (692 minutos). Pero o club non dubidou en darlles saída e buscar así o sitio necesario para inscribir novas pezas.