O recibo da luz do Banco de Alimentos de Lugo multiplicouse por seis
O recibo da luz do Banco de Alimentos de Lugo multiplicouse por seis
Dende a institución din que se ven incapaces de asumir esta elevada factura
A factura eléctrica asfixia familias e empresas, pero tamén organizacións benéficas. É o caso do Banco de Alimentos de Lugo, que viu como o recibo da luz se multiplicou por seis nos últimos meses.
A última factura eléctrica achegouse aos 1.300 euros. Hai uns meses non chegaba aos 200. Amador Núñez, presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, di que se a situación non mellora "con estes sablazos a situación pode tornar insostible a finais de ano".
Tamén se duplicou o gasto no gasóleo dos seus camións de recollida. E diminuíu a cantidade de doazóns. "Os que doaban seguen facéndoo, o que pasa é que cos mesmos cartos envían menos cantidade", di Amadora Núñez.
O Banco de Alimentos de Lugo atende actualmente unhas 2.000 familias. Os responsables din que a situación é límite: á factura eléctrica hai que sumar o descenso nas doazóns e o incremento de familias que recorren á súa axuda debido á escalada da inflación.