Publicador de contidos
Publicador de contidos

O refuxio da Laracha acolle 64 animais que sufriron maltrato e abandono

O refuxio da Laracha acolle 64 animais que sufriron maltrato e abandono

Un año que se sente cabra e porcos aseados e moi listos son unha mostra dos animais que conviven no orfanato

Á fronte está unha asociación sen ánimo de lucro aberta á colaboración en acougo.org

Imaxe deste xoves no refuxio de animais da Laracha
G24.gal 18/07/2024 14:24 Última actualización 18/07/2024 15:53

"Veña... vamos, vamos... que xa é de día".
É o saúdo matinal de Mara aos animais que con todo o esmero acolle no seu refuxio da Laracha. Chama a atención a limpeza dos distintos compartimentos deste orfanato diverso e o bo ambiente de convivencia entre diferentes.

"Está habendo moitos casos de animais maltratados e abandonados. Hai que pensar tamén no avellentamento da poboación galega. Moitos que tiñan animais chega un momento que non poden seguir coidándoos. E ben, están aquí para que teñan unha vida digna e a xente vexa como son os animais criados en liberdade", di Mara.

Aquí permanecerán mentres a natureza lles dea vida, con todos os coidados que precisa un ser vivo. Ao ser unha asociación sen ánimo de lucro, o voluntariado ten protagonismo importante e non só como man de obra.

"Necesitamos socios e padriños", afirma Marta Collazo e explica que "somos consideradas simplemente como explotación (gandeira), pero non temos dereito como tal a ningunha axuda. Co cal, carecemos absolutamente de apoio".

"E iso que neste e noutros santuarios similares acaban os casos derivados de denuncias ou comisos", lembra Mara, que non deixa de recibir mostras de gratitude de Noé, Loreta, Marisa....

"Noé é un año que veu de pequeniño. "Alimentámolo a biberón e criouse coas cabras. El pensa que é unha cabra e, aínda que o resto de ovellas andan elas xuntas, Noé sempre está coas cabras. É moi cariñoso, moi cariñoso".

"Esta é Loreta. As porquiñas que teñen tan mala fama de sucias e son os animais máis limpos, ademais de intelixentísimos. Son os máis limpos. Nunca fan as súas necesidades onde dormen, e fóra fano lonxe da casa, sempre agardan a que lles abramos. E intelixentísimos; abren as portas, saben cando facemos as rutinas, que porta abrimos para ir correndo para alá".

 Son 64, a maioría ovellas, que dispoñen de 6 hectáreas de terreo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade