Publicador de contidos
Publicador de contidos

O refuxio de animais de Ribeira denuncia o roubo de dous cans nas súas instalacións

O refuxio de animais de Ribeira denuncia o roubo de dous cans nas súas instalacións

Carecen de imaxes do roubo porque non había cámaras de seguridade operativas

G24.gal 11/07/2024 14:07

Levaron os cans de madrugada, despois de saltar este portal de acceso ás instalacións do refuxio de animais de Ribeira. Tiveron que cargar con eles para sacalos de alí.

"Unha persoa tivo que meterse dentro, porque son cans grandes, e outra recollelos. E sorte que temos sempre cans aquí soltos e non houbo enfrontamento... Tiveron que ser varias persoas para collelos e guindalos fóra", di Mari Carmen Campaña, responsable do refuxio de animais de Ribeira.

Un dos cans tiña microchip e o outro non. No refuxio denunciaron o roubo.

"Temos unha denuncia e xa veu a Científica para facer as pescudas correspondentes, como pegadas, fotos... E agora está en curso", afirman

Carecen de imaxes do roubo porque non había cámaras de seguridade operativas. "Cando entraron estabamos instalándoas. Agora xa están. Se volve suceder algo, quedará todo gravado".

O suceso non causou estrago ningún nas instalacións do refuxio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos