O rei cobrará este ano 296.000 euros, 10.000 máis ca o ano pasado
O rei cobrará este ano 296.000 euros, 10.000 máis ca o ano pasado
A Casa do Rei publica os seus orzamentos para este ano
Filipe VI cobrará este ano 269.296 euros brutos, repartidos en doce mensualidades, 10.369 euros máis que en 2022, cando a súa asignación do Estado foi de 258.927 euros.
A raíña Letizia tamén ve incrementada a súa retribución pública nun 4 % respecto á do pasado ano, polo que en 2023 a súa retribución é de 148.105.
A raíña Sofía, co mesmo aumento, terá un soldo de 121.186 euros.
Filipe VI e as dúas raíñas son os membros da Familia Real que teñen asignación, debido a que ao seu pai o rei Xoán Carlos lla retirou en 2020 tras coñecerse o seu patrimonio oculto no estranxeiro. A princesa Leonor e a infanta Sofía non cobran ningunha cantidade do Estado.
A Casa do Rei publicou na súa páxina web a desagregación do orzamento deste ano, que ascende a 8,43 millóns de euros.
Estas retribucións incrementáronse nun 2,5 % respecto ás vixentes ao 31 de decembro de 2022, do mesmo xeito que as dos altos cargos do Goberno.
A Constitución establece que o xefe do Estado dispón cada ano de "unha cantidade global para sostemento da súa familia e da súa Casa e distribúea libremente".