Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei emérito, satisfeito no seu reencontro coas rías galegas

O rei emérito, satisfeito no seu reencontro coas rías galegas

Así o aseguran as persoas que falaron con el tras a súa chegada a Sanxenxo

G24.gal 21/05/2022 13:44 Última actualización 21/05/2022 13:50

Sobre as sensacións do rei tras a súa primeira xornada na ría de Pontevedra falamos con persoas que puideron intercambiar algunhas palabras con Xoán Carlos. O responsable de Comunicación do Náutico de Sanxenxo confirmounos que onte as condicións de vento e mar non convidaban a que o rei Xoán Carlos participase na regata. 

Este sábado as previsións apuntaban unha xornada máis propicia e era o día previsto para que puidese poñerse ao mando do Bribón e non na embarcación auxiliar coma onte. Tamén nos contou que estaba moi contento co seu reencontro coas rías galegas e que onte, ao final da xornada, non podía agochar a súa satisfacción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade