Xoán Carlos I e Alfonso Rueda entregan os premios do Trofeo Xacobeo de Vela
Xoán Carlos I e Alfonso Rueda entregan os premios do Trofeo Xacobeo de Vela
O Bribón converteuse en campión cos resultados das cinco mangas celebradas dende o venres
En Sanxenxo rematou este domingo o Trofeo Xacobeo de Vela. Durante o serán entregáronse os premios para os gañadores das diferentes categorías no Real Club Náutico. Alí estivo o rei emérito Xoán Carlos I, o presidente da Xunta e o alcalde da localidade.
Foi o epílogo a unha semana na que o pai do rei Filipe VI aproveitou para saír navegar en augas galegas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitiron.
Na derradeira xornada, non participou pero seguiu a proba desde unha embarcación auxiliar do Real Club Náutico.
A única proba do día foi dominada de principio a fin polo Bribón, que logrou arrebatarlle o liderado ao Alibaba II, de Miguel Lago, que perdeu as súas opcións de vitoria coa cuarta posición nesta última xornada.
Segundo foi o Titia, de Mauricio Sánchez-Bela e terceiro o Aida, de Francisco Botas. Cos resultados das cinco mangas disputadas desde o pasado venres, o título de campión do Trofeo Xacobeo foi para o Bribón.
O seu patrón, Xoán Carlos I, recibiu o premio de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda.