Cargando resultados...
Xoán Carlos I chega este luns a Sanxenxo na súa cuarta visita a España
Xoán Carlos I chega este luns a Sanxenxo na súa cuarta visita a España
Vai participar na regata que leva o seu nome
Alóxase na casa de Pedro Campos durante toda a semana
O seu fillo vai inaugurar o foro da Toxa este xoves
G24.gal
24/09/2023 19:20
Última actualización 24/09/2023 19:57
Xoán Carlos I chega este luns a Sanxenxo, na que é a súa cuarta visita a España desde que marchou a vivir a Abu Dhabi.
Coma nas tres visitas anteriores, o rei emérito viaxa en avión privado ata Vigo e alóxase na casa do seu amigo Pedro Campos, o armador do Bribón. Vai quedar unha semana para participar na regata que leva o seu nome.
O xoves tamén estará en Galicia Filipe VI, no foro da Toxa, a só 15 quilómetros de distancia, pero non transcendeu se van manter algún tipo de encontro.