Cargando resultados...
O rei Filipe VI inaugurará Navalia, a Feira Internacional da Industria Naval
O rei Filipe VI inaugurará Navalia, a Feira Internacional da Industria Naval
Será a primeira sen restriccións e poderá visitarse entre o 24 e o 26 de maio
No certame daranse cita máis de 400 expositores e 900 marcas
G24.gal
09/05/2022 14:25
O rei Filipe VI inaugurará Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, que volve a Vigo tras a parada pola pandemia. Uns 20.000 profesionais de 90 países citaranse neste certame en que se presentarán as últimas novidades do sector. Será a primeira sen restricións e poderá visitarse entre o 24 e o 26 de maio.
"O crecemento é dun 20 por cento con respecto a edición anterior nótase tamén a nivel internacional, viran expositores de países que nunca tiveramos como Sri Lanka, Australia ou Irán, aí notase o momento doce que viven o sector naval", di Javier Arnau, xerente de Navalia.