Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei nos Premios Princesa de Asturias: "A guerra nunca vai destruír a cultura"

O rei nos Premios Princesa de Asturias: "A guerra nunca vai destruír a cultura"

Unha gala marcada polos desafíos que afronta o mundo

G24.gal 28/10/2022 21:28 Última actualización 28/10/2022 21:38

Cheo completo, convidados sen máscara e banda de gaitas para recibir os reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía no Teatro Campoamor de Oviedo. A gala da cuadraxésimo segunda edición dos Premios Princesa de Asturias recuperou todo o seu esplendor.

Pero foi unha cerimonia marcada polo contexto internacional e a guerra de Ucraína. O rei Filipe apelou a preservar a consolidación da Unión Europea nun momento crucial.

"Pero a guerra nunca vai destruír a cultura nin os valores que representa, como tampouco a liberdade e a dignidade dos seres humanos, uns valores que tamén representa Europa", dixo Filipe VI.

Referencias tamén nos discursos dos galardoados. O Premio de Comunicación e Humanidades, o xornalista polaco Adam Michnik  reclamou liberdade e verdade fronte á "malvada guerra" de Putin.

O arqueológo mexicano Eduardo Matos Moctezuma dixo que a historía é implacable e non se pode manipular.  

A premio de Cooperación Internacional, Ellen MacArthur, impulsora da economía circular, instou a loitar por un planeta saudable.

E as galardoadas co Premio das Artes, a coreógrafa María Pagés e a cantadora Carmen Linares deixaron unha mostra do seu facer no escenario do teatro.

A princesa de Asturias animou a xente nova a manter o entusiasmo e esforzarse.

"A mellor maneira de progresar pasa por manter o entusiasmo e por coñecer, equiparnos con responsabilidade e capacidade de esforzo e aprender dos que saben", apuntou no seu discurso.

A piques de facer 17 anos, destacou todo o que lle achegan os galardoados no seu crecemento persoal.

Todos os galardoados abandonaron o Teatro Campoamor entre os aplausos do público e o son das gaitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade