Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei reivindica o optimismo para "avanzar cara a sociedades máis libres e prósperas"

O rei reivindica o optimismo para "avanzar cara a sociedades máis libres e prósperas"

Filipe VI inaugurou o Foro La Toja-Vínculo Atlántico

O futuro da globalización, a debate na Toxa

G24.gal 28/09/2023 19:46 Última actualización 28/09/2023 20:54

Filipe VI inaugurou este xoves o Foro La Toja-Vínculo Atlántico, que reúne cada ano na Illa da Toxa políticos, empresarios e analistas internacionais para debater sobre os retos do mundo actual. O rei foi recibo polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a ministra de Xustiza en funcións, Pilar LLop; o expresidente do Goberno Mariano Rajoy e o exmandatario chileno Sebastián Piñera. 

O rei foi o encargado de inaugurar as conferencias cun discurso, que comezou e rematou en galego, en que defendeu que recuperar o optimismo "é o primeiro paso para avanzar cara a sociedades máis libres e prósperas". Filipe VI dedicou boa parte da súa intervención a homenaxear o impulsor deste encontro, Josep Piqué, que faleceu este mesmo ano, e animou a afrontar unidos os desafíos actuais a partir, dixo, da defensa da liberdade e da democracia. 

Nesta primeira xornada do foro, que remata o sábado cunha mesa redonda cos presidentes autonómicos de Galicia, Castela-A Mancha e Canarias como prato forte do programa desta quinta edición, tamén interviu o presidente da Xunta. Alfonso Rueda cualificou de contribución histórica a de Galicia á globalización a través do Camiño de Santiago, a emigración e os empresarios; e dixo que a nosa é unha terra inspiradora dos valores democráticos na encrucillada, afirmou, que vive España.

O rei entregou o premio Josep Piqué, que concede o foro a persoas ou entidades que contribúen a manter os valores que este encontro defende, á Asociación de Mulleres Afgás en España.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade