Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei traslada o apoio de España a Ucraína no foro que se celebra na Toxa

O rei traslada o apoio de España a Ucraína no foro que se celebra na Toxa

G24.gal 29/09/2022 20:09 Última actualización 29/09/2022 21:18

O rei inaugurou este xoves na Toxa o foro en que durante tres días mandatarios, empresarios e expertos debaterán sobre os retos do mundo actual, dende a guerra en Ucraína ata a ciberseguriade, pasando pola suba de prezos.

Na primeira foto de familia deste encontro puidemos ver canda Filipe VI o presidente da Xunta Alfonso Rueda, o ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares, o alto representante da Unión Europea Josep Borrell, os expresidentes de España e a Arxentina Mariano Rajoy e Mauricio Macri e o líder do PP Alberto Núñez Feijóo.

Ucraína centrou boa parte do discurso do rei na sesión inaugural. Filipe VI expresou o rexeitamento de España ás pretensións rusas e a admiración ante a firmeza demostrada polo Goberno e pobo ucraínos. Tamén dixo que esta guerra reforzou o vínculo atlántico e a OTAN.

O rei animou a aproveitar este foro para buscar solucións aos desafíos actuais dende a pluralidade. 

O presidente da Xunta confía en que este foro sirva para construír camiños fortes cara á democracia. Unha democracia que os populismos extremos, apunta, queren minar dende dentro. O mellor xeito de defendela, di Rueda, é con máis feitos e menos retórica.

"Non podemos senón expresar unha vez máis a nosa fonda condena e rexeitamento á agresión e pretensións rusas e a nosa máis fonda admiración ante a firmeza amosada polo Goberno ucraíno, ante a capacidade e coraxe das súas forzas armadas e ante o sufrido aguante da súa poboación", afirmou Rueda. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade