Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Xoán Carlos deixa Sanxenxo tras cinco días e só dúas xornadas de navegación

O rei Xoán Carlos deixa Sanxenxo tras cinco días e só dúas xornadas de navegación

Aproveitou a estadía en Galicia para pasar tempo con amigos e familiares

As duras condicións do vento na ría impedíronlle a Xoan Carlos navegar a bordo do Bribón este domingo

 

Xoán Carlos I regresa a porto en Sanxenxo tras navegar este domingo Xoán Carlos I regresa a porto en Sanxenxo tras navegar este domingo
G24.gal 19/05/2024 18:33

Xoán Carlos I abandonou Sanxenxo, na que xa é a súa terceira visita a Galicia este ano, tras pasar cinco días de lecer cos seus amigos, visitas familiares e tan só dúas xornadas de navegación.

Contra as 16:15 horas deste domingo o pai de Filipe VI saíu de casa de Pedro Campos en dirección ao aeroporto de Santiago.

Esta xornada, o monarca tivo tempo de navegar a bordo da lancha "Cristina", do mesmo xeito que o venres, para seguir de preto a regata na que compite o Bribón. Fíxoo canda a súa filla a infanta Helena.

Desde que o rei emérito chegou a Galicia a última hora da tarde do martes mantivo, como xa é habitual, un perfil discreto e as súas actividades baseáronse en saír comer e cear con amigos e familia.

En concreto, o sábado pola noite ceou no Real Club Náutico de Sanxenxo xunto coa súa filla a infanta Helena, Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e o seu anfitrións Pedro Campos e Cristina Franze.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade