O Reino Unido non descarta novos bombardeos se os hutís atacan máis barcos
O Reino Unido non descarta novos bombardeos se os hutís atacan máis barcos
Os milicianos hutís din que os ataques contra o Iemen non quedarán sen castigo
A guerra aberta entre Israel e os palestinos de Hamás está tamén detrás dos problemas para a navegación comercial no Mar Vermello onde os rebeldes hutís do Iemen atacan calquera barco que circule pola zona e que teña algo que ver con intereses israelís.
Novos bombardeos
Este domingo, o ministro británico de Exteriores, David Cameron, asegurou que non descartan máis bombardeos contra bases hutís no Iemen se os rebeldes seguen ameazando o tráfico marítimo internacional.
Deste xeito, o Reino Unido secunda a ameaza formulada este sábado polo presidente dos Estados Unidos, Joe Biden.
Dura resposta
Os milicianos hutís responderon polo momento só con palabras asegurando que os bombardeos norteamericanos e británicos non quedarán sen castigo.