Publicador de contidos
Publicador de contidos

O noiés Caetano Horta, a semifinais

O noiés Caetano Horta, a semifinais

Quedou segundo por detrás dos suizos no dobre scull lixeiro

G24.gal 28/07/2024 12:07

A parella formada polo catalán Dennis Carracedo Ferrero e o galego Caetano Horta Pombo lograron un segundo posto moi meritorio que lles dá acceso directo ás semifinais da proba de dobre scull lixeiro, disciplina do remo.

O natural de Noia, campión xuvenil de Europa en 2020 na mesma disciplina, xa participou nos Xogos Olímpicos de Tokyo de 2020, conseguindo un sétimo posto. A carreira comezou moi igualada entre todos os remeiros, pero pouco a pouco viuse a superioridade da parella suíza, que quedou primeira, e da parella española, que lle sacaron máis de 15 metros aos terceiros, os franceses Hugo Beurey e Ferdinand Ludwig que terán que ir á repesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade