O reto dunha defensa europea máis forte e autónoma
A UE disponse a facer o maior incremento do gasto en defensa desde a fin da Guerra Fría
A fisura do apoio estadounidense á defensa europea obriga aos 27 a sacar adiante un plan de rearmamento. Destinarán 800.000 millóns de euros a aumentar a súa autonomía.
En 2023 os países europeos integrados na OTAN investiron 340.000 millóns de euros en gasto militar. A cifra supera a de potencias como A China ou Rusia. Pero a Unión Europea non ten unha política común de defensa e, sen o paraugas dos Estados Unidos, tampouco capacidade disuasoria respecto a Rusia.
"O tempo das ilusións rematou. Europa está chamada a facerse cargo en maior medida da súa propia defensa. Necesitamos unha aumento da defensa europea. E necesitámolo xá", afirmaba a presidenta da Comisión, Ursula Von der Leyen.
Pero as políticas de defensa requiren décadas de planificación. O principal reto europeo é definir a que obxetivos destinará ese incremento do gasto. E compre reactivar a industria de defensa en fase de desinversión desde a fin da Guerra Fría.
A UE tamén ten o reto de definir a que partidas destina o incremento do gasto militar. As prioridades non son as mesmas para os paíes do leste e centroeuropa que para os países mediterráneos.
No Foco afondamos nestas cuestións da man do Director de Estudos da Defensa da USC, José Julio Fernández e do Director do Instituto Español de Estudos Estratéxicos, o Xeneral de Brigada, Víctor Bados Nieto.